Orientacións
sobre a Selección de contidos
Só
serán materia de exame os contidos que figuran no documento da páxina web do
grupo de traballo de Historia de España
no portal da CIUG titulado Contidos ABAU
Orientacións
sobre o Tipo de documentos que
figurarán nas Composicións
Na
ABAU 2021 serán textos ou pequenas táboas de datos.
Orientacións sobre a Interpretación das rúbricas de
definicións
As rúbricas inclúen
tres parámetros de valoración: nivel de coñecementos (contidos), calidade da
expresión e capacidade de síntese. No caso dos contidos ofrecen diversas
opcións de resposta, polo que deberán atenderse ós seguintes criterios de
corrección:
Nivel de coñecementos:
Aprobado: para
alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller todas as ideas que figuran na rúbrica correspondente
Notable: para
alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas
para aprobar + cando menos 1
(non todas!) das aclaracións adicionais incluídas na rúbrica
Sobresaliente: para
alcanzar esta cualificación a resposta debe recoller as ideas básicas definidas
para aprobar + 1 das aclaracións adicionais + cando menos 1 (non todas!) das precisións a maiores incluídas
na rúbrica
Calidade da expresión:
Notable: para
alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar unha redacción correcta
(debe expresar con claridade o que se quere dicir)
Sobresaliente:
para alcanzar esta cualificación a resposta debe presentar una redacción
correcta e estar ben exposta (debe expresar con claridade e precisión o que se
quere dicir, a argumentación debe ser coherente e o vocabulario axeitado)
Capacidade de síntese:
Sobresaliente:
para alcanzar esta cualificación a resposta debe axustarse á extensión
recomendada.
Orientacións
sobre a Extensión de definicións e
preguntas
A capacidade de
síntese constitúe unha competencia fundamental para avaliar o grao de madurez
do alumnado, polo que as rúbricas de definicións e preguntas inclúen este
parámetro. Con el trátase de verificar a súa capacidade para organizar a
información, incidindo nos aspectos máis significativos da mesma.
Por tratarse
dunha capacidade de resolución complexa, as rúbricas só a contemplan nos niveis
máis elevados da cualificación, atendendo ós seguintes criterios:
-Con carácter
xeral, a extensión recomendada debe entenderse de maneira flexible para ter en
conta o tamaño da letra.
-No caso das
definicións: a extensión recomendada é dun máximo de 4 liñas.
Para que a
resposta se considere perfecta e merecedora dun 10 (0,5 puntos), deberá
alcanzar o nivel máximo de cualificación nos parámetros de coñecementos e
redacción e non superar as 5 liñas de extensión.
As respostas que
alcanzando o nivel máximo de cualificación nos parámetros de coñecementos e
redacción, superen as 5 liñas de extensión obterán como máximo 9 puntos (0,45).
En caso de excesos maiores a 7 liñas o axuste da nota será proporcional.
-No caso das
preguntas: a extensión recomendada é dun máximo de 30 liñas.
Para que a
resposta se considere perfecta e merecedora dun 10 (3 puntos), deberá alcanzar
o nivel máximo de cualificación nos parámetros de coñecementos e redacción e
non superar 40 liñas de extensión.
-As respostas
que alcanzando o nivel máximo de cualificación nos parámetros de coñecementos e
redacción, superen as 40 liñas verán reducida a súa cualificación a 9 puntos (2,7).
En caso de excesos maiores a 42 liñas o
axuste da nota será proporcional.
Orientacións
sobre a Extensión das composicións
As
composicións de texto histórico non teñen unha extensión recomendada. O
alumnado pode dedicarlle a extensión que considere conveniente.
Orientacións sobre a Interpretación da rúbrica da Composición de texto histórico
A capacidade de expresión valora
Orientacións sobre a Interpretación da rúbrica da Composición de texto histórico
As rúbricas inclúen tres parámetros de valoración: nivel de coñecementos
(contidos), capacidade de análise (uso dos documentos) e capacidade de
expresión (redacción).
O nivel de
coñecementos valora a
inclusión na redacción de contidos teóricos que teñan relación cos documentos e
expliquen as cuestións sinaladas no encabezamento da proba como “cuestións a
atender”. Para iso, a redacción deberá referirse aos seus antecedentes, o
contexto político, económico ou social no que se inscriben, as súas
características máis salientables, os protagonistas máis relevantes (de ser o
caso), as súas consecuencias ou efectos futuros…
Para alcanzar o aprobado
neste apartado o alumnado deberá:
- -ofrecer unha explicación básica dos aspectos sinalados no
encabezado da composición como “cuestións a atender”
Para alcanzar o notable
neste apartado, ademais do anterior, o alumnado deberá:
- - ofrecer unha explicación extensa das “cuestións a atender”
Para alcanzar o sobresaliente
neste apartado, ademais do anterior, o alumnado deberá:
- -ofrecer unha explicación en profundidade das “cuestións a
atender”, engadindo precisións pertinentes sobre o tema do que versan os textos.
O uso
dos documentos valora a
utilización dos documentos como fonte histórica, tendo en conta que o exercicio
non ten como obxectivo responder a unha hipotética pregunta teórica, senón explicar
unha realidade partindo dos documentos, a información que os acompaña e os
coñecementos do alumnado.
Usar os documentos non significa parafrasealos (volver a copialos). A
redacción dun texto que se limite a repetir o que din os documentos será
cualificada como suspensa, do mesmo xeito que a elaboración dunha resposta
puramente teórica.
Para alcanzar o aprobado
neste apartado o alumnado deberá:
-citar os documentos na redacción, facendo unha alusión
simple ós mesmos (por ex.: “como di o documento 1”) ou ben empregando unha
frase significativa do documento (por ex.: “esperábase que a construción do ferrocarril
facilitara a articulación do mercado interior, como indica documento 3 ó
sinalar A inauguración do ferrocarril a
Aranxuez é o primeiro paso que dá a capital da monarquía cara ao mar) (composición
sobre os principais sectores industriais da ABAU de setembro de 2018).
Para alcanzar o notable
neste apartado, ademais do anterior, o alumnado deberá:
-analizar parte do contido dos documentos (destacar e
explicar algunha das ideas que figuren neles).
Para alcanzar o sobresaliente
neste apartado, ademais do anterior, o alumnado deberá traballar algún destes aspectos:
-afondar nas ideas recollidas nos documentos.
-ter en conta a orixe dos documentos, ou ó medio no que foron publicados ou á data de publicación.
-ter en conta a orixe dos documentos, ou ó medio no que foron publicados ou á data de publicación.
A capacidade de expresión valora
- A corrección da redacción: o alumnado debe ter capacidade
para desenvolver un texto correcto desde o punto de vista ortográfico e
gramatical.
- O uso dun vocabulario axeitado (promulgar,
pronunciamento, carta outorgada…)
- A capacidade do alumnado para:
a)
articular
axeitadamente o texto: con carácter xeral, isto supón desenvolver unha
redacción que conte con introdución (que sirva para encadrar o tema no
período histórico no que se inscribe e facer referencia a algunha das súas
características xerais), corpo do texto (que sirva para explicar
a realidade histórica na que se inscriben os documentos), e unha breve
conclusión (que sirva para valorar a relevancia do tema,-é dicir, para
sinalar por que foi importante- e para referirse á súa evolución posterior, -isto
é, ás súas consecuencia ou ó que pasou despois-).
b)
desenvolver
un fío argumental que permita relacionar os documentos entre si. Non se trata
de comentar os textos individualmente, senón de integrar os comentarios nunha
redacción (seguindo a orde das “cuestións a atender” que figuran no enunciado
da propia composición ou desenvolvendo unha orde alternativa, tras facer un
pequeno esquema previo das cuestións a tratar).
RÚBRICA XENÉRICA
Moi deficiente
(0-1)
|
Resposta en branco (0)
A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
|
Deficiente
(1,5-2)
|
Contidos:
Xeneralidades sobre a época (1,5)
Uso
dos documentos:
a resposta prescinde dos documentos, como se fose a
resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción:
Texto no que abundan as imprecisións, palabras
inventadas, frases incoherentes ou mal articuladas...
|
Aprobado
(2,5-3)
|
Contidos:
A resposta inclúe unha contextualización e explicación
básica do tema proposto.
Uso
dos documentos:
Os documentos cítanse na redacción.
Redacción:
Texto formalmente correcto, pero expresión demasiado
simple
|
Notable
(3,5-4)
|
Contidos
(ademais do esixido para o aprobado):
A resposta explica con claridade a tema proposto
Uso
dos documentos (ademais do esixido para o aprobado):
A resposta analiza parte do seu contido
Redacción
(ademais do esixido para o aprobado):
A redacción é correcta e o texto é coherente.
|
Sobresaliente
(4,5-5)
|
Contidos
(ademais do esixido para o notable):
A resposta explica en profundidade a problemática formulada,
introducindo precisións pertinentes sobre o tema
Uso
dos documentos (ademais do esixido para o notable):
Faise unha análise en profundidade dos mesmos ou tense en conta a
súa orixe, autoría…
Redacción
(ademais do esixido para o notable):
A redacción é correcta e precisa, facendo uso de
vocabulario específico. O texto está ben articulado e argumentado.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.