RÚBRICAS

 

PAU 2025

Pregunta 1. Reflexión crítica de fontes de información (2,5 puntos)

 

Identificar informacións erróneas

(ata 0,5 puntos)

Identificación correcta de un erro: ata 0,25

Identificación correcta de dous erros: ata 0,5

Explicar os erros detectados

(ata 1,5 puntos)

Explicación correcta de un erro cunha resposta que demostre o coñecemento do tema: ata 0,75

Explicación correcta de dous erros cunha resposta con precisións e aclaracións: ata 1,5

Rectificación dos erros

(redacción correcta)

(ata 0,5 puntos)

Redacción correcta de un erro empregando un vocabulario axeitado: ata 0,25

Redacción correcta de dous erros empregando un vocabulario axeitado: ata 0,5

 

Aclaracións sobre as características dos posibles erros: 

·      Os erros a identificar serán sempre conceptuais e de contidos esenciais, non sobre cuestións de detalle.

·      Polo mesmo, os erros referidos a acontecementos serán sempre de calado. Por exemplo: non se vai poñer un erro centrado en datas concretas, como  “A Gran Armada foi a principal operación naval do reinado de Filipe II e tivo lugar en 1598”.

·      Si pode poñerse un erro que sexa: “A formación da Gran Armada contra Inglaterra foi consecuencia da política de reputación impulsada polo Conde Duque de Olivares” ou “Un dos principais conflitos aos que debeu facer fronte Filipe II foi a rebelión de Portugal”.

·      O mesmo opera no caso das persoas: Non se vai poñer un erro que sexa “A Grande Armada estivo dirixida polo duque de Medinaceli”, pero si pode figurar: “O conde duque de Olivares tivo gran importancia na definición da política exterior de Filipe II pola súa condición de valido real”.    

 

Aclaracións sobre o formato das respostas:

·      As respostas deben ser redactadas porque non só se valora o contido, senón tamén á calidade da redacción (vid. Aclaración final sobre coherencia, cohesión, corrección gramatical, léxica e ortográfica e a súa presentación).

·      Os erros NON DEBEN SUBLIÑARSE NO TEXTO DO EXAME porque os correctores só reciben o caderniño de respostas.

·      Aínda que os distintos apartados poderían contestarse de maneira conxunta, para evitar confusións no proceso de corrección, ACONSELLAMOS  que a información se redacte en dous parágrafos seguindo o seguinte modelo:

-       Identificación do 1 erro / argumentación / redacción correcta.

-       Identificación do 2 erro / argumentación / redacción correcta.

·      A rectificación do erro debe facerse SEN VOLVER COPIAR TODO O TEXTO SENÓN SÓ A FRASE OU IDEA QUE ESTÁ MAL.

·      O que debe indicarse claramente é o texto alternativo que se propón sinalando, por exemplo:     A redacción correcta desta frase sería “............”.

 

Pregunta 2. Análise comparativa (2,5 puntos)

 

Moi deficiente

(0)

Resposta en branco o sen relación coa materia da pregunta

Deficiente

(entre 0,1 e 0,5)

Resposta confusa, que revela a incomprensión da pregunta

Texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases incoherentes ou mal articuladas.

Insuficiente

(entre 0,6 e 1,24)

Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos

Redacción moi simple

Aprobado

(entre 1,25 e 1,74)

Resposta na que se indican as semellanzas e diferenzas básicas entre as temáticas propostas.

Texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple

Notable

(entre 1,75 e 2,24)

Resposta na que se indican as semellanzas e diferenzas básicas e se explica con certa profundidade polo menos UNHA delas. 

Redacción correcta

Sobresaliente

(entre 2,25 e 2,50)

Resposta que ademais de indicar as semellanzas e diferenzas básicas, explica con certa profundidade polo menos DÚAS delas.

Redacción correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado

 

Aclaracións sobre as posibles comparacións:

·      As comparacións serán xenéricas (etapas, ideoloxías, situacións políticas...).

·      Comparación entre diversos períodos históricos: poderán compararse períodos consecutivos, pero non van facerse comparacións entre períodos moi diferentes, por exemplo, nunca sería obxecto de comparación o reinado de Fernando VII e o Sexenio Democrático.

·      Respondendo a preguntas concretas do profesorado aclárase tamén que non haberá comparacións entre Constitucións nin se preguntarán as etapas do reinado de Sabela II.

 

 

 

Preguntas 3/4. Comentario de texto histórico (2,5 puntos)

 

Identificación do tema

(entre 0 e 0,5)

-Distinción xenérica do asunto tratado no texto: ata 0,25.

-Indicación precisa do asunto tratado no texto: ata 0,5

Contextualización do documento

(entre 0 e 0,5)

-Situar na súa etapa histórica: ata 0,2

-Etapa histórica+cronoloxía precisa: ata 0,3

-Etapa histórica+cronoloxía precisa+ autoría ou intencionalidade (segundo o caso): ata 0,5

Comentario do proceso histórico // tema

(entre 0 e 1,5 puntos)

-Resposta básica: ata 0,5

-Resposta que demostra o coñecemento do tema: ata 1

-Resposta con precisións e aclaracións: ata 1,5

 

Aclaracións sobre os comentarios:

·      Non hai que clasificar o documento.

·      Non hai que identificar o documento, senón o tema.

·      As respostas deben centrarse no asunto concreto tratado no texto.

 

Preguntas 3/4. Comentario de táboas de datos, imaxes, gráficos ou mapas (2,5 puntos)

 

Análise dos datos

(entre 0 e 1)

-Identificación do período cronolóxico, ámbito xeográfico e  idea principal que reflicte o documento: ata 0,25

-Identificación da idea principal + análise dos períodos/asuntos que se poden distinguir, así como a relación entre eles e, de ser o caso, a evolución dos datos: ata 0, 5

-Identificación da idea principal + exame dos distintos apartados + valoración dos datos: ata 1

Explicación do contido

(entre 0 e 1,5)

-Indicar e explicar de forma xenérica o contexto histórico do documento obxecto de comentario: ata 0,5 puntos

-Afondar na explicación do tema (comentario das causas, obxectivos, posibles dificultades, acontecementos históricos directamente relacionados co mesmo, consecuencias...): ata 1 punto.

 

* * *

Aclaración final:

O acordo da CRUE sobre os criterios de avaliación das probas sinala que a cualificación outorgada debe valorar a coherencia, cohesión, corrección gramatical, léxica e ortográfica así como a súa presentación. No caso da nosa materia, sinala que a ponderación será do 10% da cualificación total outorgada ao exame.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.