HISTORIA DE ESPAÑA
PAU 2025
HISTORIA DE ESPAÑA
Circular informativa
No inicio do novo curso desde o Grupo de Traballo PAU, queremos informar ao profesorado que imparte a materia de Historia de España, das novidades e cambios da proba de acceso á Universidade.
Atendendo ás instrucións recibidas da CIUG, o novo exame axústase á estrutura común establecida para todas as materias, con catro preguntas, a primeira delas competencial e sen posibilidade de elección entre apartados. Ademais, no mesmo escrito indicóusenos que o deseño das preguntas debía incidir máis na aplicabilidade que nos contidos memorísticos, en consonancia cos obxectivos da actual reforma educativa. Tales condicionantes leváronnos a introducir cambios significativos no deseño da proba, como puidestes comprobar no modelo publicado.
Somos conscientes do trastorno que isto supón para os Centros e o profesorado, e tamén das dúbidas que suscita ao alumnado. Entendemos o cansazo xeral provocado por unha situación caracterizada polos atrasos na publicación das normas e a súa indefinición en aspectos claves, como a aplicación da avaliación por competencias. Ademais, a propia orde ministerial que fixa as características da PAU 2025 sinala expresamente o seu carácter transitorio. Á espera de que a proba de acceso á Universidade se regule de maneira definitiva, o exame que expomos tenta adaptarse á normativa mantendo os actuais contidos con algúns axustes que pasamos a explicar.
CONTIDOS
- Desaparecen os termos para definir.
- Mantéñense as preguntas dos séculos XVI-XVIII, aínda que o texto a revisar xirará en torno a aspectos concretos dos contidos, que serán relacionados no blog.
- Mantéñense os temas de Historia Contemporánea, cambiando só o sistema de avaliación, que pasa a ser de preguntas separadas en vez dunha única composición.
- A antiga división do contido por séculos cámbiase para axustala ao Decreto 157/2022, do 15 de setembro que establece a ordenación e o currículo de Bacharelato en Galicia. A nova repartición divide os contidos tematicamente, de modo que o bloque 2 agrupa os temas de historia política, e os bloques 3 e 4 do Decreto refúndense nun único apartado, centrado nos temas socio-económicos e os referidos aos retos do mundo actual (contidos que serán relacionados no blog).
ESTRUTURA DA PROBA
Pregunta 1. Sociedades no tempo. Reflexión crítica das fontes de información.
Como acabamos de indicar, este apartado avalía os contidos do bloque 1, as antigas dez preguntas dos séculos XVI-XVIII.
Os textos para revisar serán redactados pola directora do Grupo de Traballo e conterán dous erros importantes. Exponse como un exercicio de resposta breve, que pode resolverse en dous parágrafos, aínda que non se establece unha extensión determinada.
A explicación de ambos os erros debería facerse de maneira clara e razoada, sen utilizala como pretexto para explicar toda a pregunta. A súa redacción debe servir para demostrar que se coñece a información correcta, sen que sexa imprescindible que a redacción figure nunha frase aparte, senón que pode integrarse na propia explicación.
Pregunta 2. O camiño cara á contemporaneidade. Análise comparativa.
Nesta pregunta exporanse dúas comparacións referidas aos temas do bloque 2, os centrados nos aspectos políticos dos séculos XIX e XX (cunha opción para cada século).
As comparacións serán básicas — nin complexas nin rebuscadas—, semellantes ás que adoitan exporse habitualmente no momento de explicar os temas. Tratarase, por tanto, de comparacións que distingan entre varias etapas, ideoloxías políticas, situacións, etc.
A resposta está pensada para a súa resolución nunha cara de folio como máximo, aínda que non se establece unha extensión fixa.
Dado que non en todos os temas é fácil unha formulación deste tipo, os contidos deste bloque tamén son obxecto de avaliación na pregunta 3.
Preguntas 3 e 4. Comentario de documentos históricos.
As preguntas 3 e 4 avalían o comentario de documentos históricos ou historiográficos de diversa natureza (textos, imaxes, gráficos, táboas de datos ou mapas) seguindo o modelo habitual na nosa disciplina.
A pregunta 3 avaliará contidos do bloque 2, “O camiño cara a contemporaneidade”, mentres que a pregunta 4 referirase a contidos dos bloques 3, “O modelo de desenvolvemento económico español” e 4, ”Retos do mundo actual”.
O tipo de documentos a comentar será diferente en cada unha das dúas preguntas e sempre haberá posibilidade de elección entre o século XIX e os séculos XX-XXI (por exemplo, se na pregunta 3 os documentos son textos, na pregunta 4 proporanse documentos non textuais). A este respecto, compre aclarar que os documentos estarán identificados e serán significativos e de uso habitual entre o profesorado por ter sido obxecto de exame en edicións pasadas, aparecer nos manuais da materia correspondentes a 2º de Bacharelato, en repositorios e páxinas web, etc.
Esperamos que esta explicación sirva para resolver as moitas dúbidas que nos fixestes chegar nos últimos días. Estamos a terminar de perfilar a relación de contidos, que será enviada con moita brevidade. As cuestións que poidan quedar pendentes trataremos de resolvelas a través do blog do grupo de traballo, en cuxa actualización estamos traballando agora mesmo, sobre todo no tema das rúbricas.
Entendemos a vosa necesidade de información e certezas, pero necesitamos un pouco de tempo para poñer todo ao día despois dun verán complicado, no que á xestión da ABAU sumouse o deseño da nova PAU.
Saúdos cordiais,
María del Carmen Saavedra
abauhistoria@gmail.com
ABAU 2024
HISTORIA DE ESPAÑA
Circular informativa
No inicio do novo curso, desde o grupo de traballo de Historia de España na ABAU queremos trasladar ao profesorado da materia algunhas cuestións importantes para a preparación da proba. As disposicións das autoridades educativas coñecidas nos últimos días: por unha banda, o mantemento do modelo da proba por parte do Ministerio, pola outra, a obrigación de axustar os contidos do exame ao Decreto 157/2022, de 15 de setembro, que establece o currículo de Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 26 de setembro de 2022), impóñennos algúns cambios.
Ante o anuncio de que a proba vai ser sometida a unha reforma importante o próximo ano, tratamos de limitar esas modificacións no posible, quedando sempre a expensas de que novas directrices nos obriguen a modificar o establecido neste momento.
CONTIDOS (a relación completa recóllese no arquivo anexo):
As novidades para apuntar resúmense no seguinte:
Preguntas para desenvolver:
-O cambio máis importante é a desaparición dos bloques de contido 1 e 2 (preguntas e termos de Prehistoria, Historia Antiga e Historia Medieval).
-Mantéñense os bloques de contido correspondentes aos séculos XVI-XVIII, co engadido de dúas preguntas (Conquista e colonización de América e O papel da muller na España Moderna).
Composicións:
Século XIX:
-Mantéñense os termos e as composicións xa coñecidos.
-Introdúcese unha composición nova (A evolución da sociedade no século XIX, con especial atención á situación da muller).
-Século XX (agora séculos XX-XXI):
-Refúndense as antigas composicións 12 e 13 para crear unha nova composición (A crise da Restauración).
-Refúndense as antigas composicións 21 e 22 para crear unha nova composición (A transición e a consolidación da democracia).
-Engádense tres composicións novas:
10. A situación da muller no século XX.
11. España en Europa e no mundo.
12. Evolución e cambios na España actual.
Mantéñense os termos xa coñecidos e engádense catro novos: Feminismo, Movementos anti-globalización, Desenvolvemento sostible e Patrimonio Histórico.
CARACTERÍSTICAS DO EXAME
-O exame mantén a súa estrutura de catro preguntas:
-Pregunta 1 con dous apartados (definición de termos e tema) e preguntas 2, 3 e 4 (composicións históricas).
-O alumnado debe responder a dúas preguntas, que poden ser tanto a pregunta 1 e unha composición como dúas composicións históricas.
-Mantéñense tamén as valoracións das preguntas.
Con todo, os cambios nos contidos obrigan a realizar algúns axustes na distribución interna da materia:
Definicións de termos (proposta de 8 termos a elixir 4):
A repartición da proposta será: 2 termos dos séculos XVI ao XVIII, 3 termos do século XIX e 3 termos dos séculos XX-XXI.
Tema a desenvolver (4 temas a elixir 1):
A repartición dos temas será de 2 temas dos séculos XVI-XVII e 2 temas do século XVIII.
Composicións:
Pregunta 2. Composición do século XIX.
Pregunta 3. Composición dos séculos XX-XXI.
Pregunta 4. Composición de cronoloxía aleatoria (século XIX ou séculos XX-XXI).
AS RÚBRICAS DAS NOVAS PREGUNTAS E A DESAGREGACIÓN DE CONTIDOS DAS NOVAS COMPOSICIÓNS TRASLADARANSE AO BLOGUE DO GRUPO DE TRABALLO CANTO ANTES.
Ademais, podedes dirixir as vosas consultas á dirección de correo electrónico abauhistoria@gmail.com, onde seguimos á vosa disposición.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023
Asdo./ María del Carmen Saavedra Vázquez
ABAU 2023
Prezado profesorado:
O grupo de traballo da materia Historia de España da ABAU comunica que non vai facer ningún cambio na proba con respecto á ABAU 2022. En consecuencia, a información que figura na páxina web da CIUG e no blogue do grupo relativa á ABAU 2022 mantense plenamente operativa. aproveitamos a ocasión para dar conta dos resultados dos exames e quedamos ao dispor do profesorado para atender ás súas consultas a través da dirección de correo electrónico habitual (abauhistoria@gmail.com)
ESTATÍSTICA HISTORIA DE ESPAÑA (1ª corrección)
Convocatoria ordinaria
Convocatoria extraordinaria
En Santiago de Compostela, a 30 de setembro de 2022
Asdo./ María del Carmen Saavedra Vázquez
ABAU 2021 (válido para ABAU 2022)
Estrutura da proba: -4 preguntas, para elixir 2
-1 pregunta teórica articulada en dúas partes (definición de termos + desenvolvemento dun tema)
-3 composicións de texto histórico
Definición de termos:
-8 termos para elixir 4 (cada un deles con valor de ata 0,5 puntos)
-Reparto entre bloques de contido: 4 termos de época precontemporánea e 4 termos de época contemporánea (2 do século XIX, 2 do século XX).
Tema a desenvolver:
-Oferta de 4 temas, para elixir 1 (cada un deles con valor de ata 3 puntos)
-Mantéñense as especificacións dos tres primeiros temas (temas dos bloques 1 ao 4, de bloques distintos e cunha distribución aleatoria).
O tema engadido a maiores será dun bloque repetido, é dicir, se temos 3 temas dos bloques 2, 3 e 4, o tema a maiores nunca vai a ser do bloque 1.
Composición de texto histórico:
-Mantense a oferta de tres composicións:
-1 composición do século XIX
-1 composición do século XX
-1 composición de cronoloxía aleatoria (do século XIX ou do século XX)
ABAU
2022
HISTORIA
DE ESPAÑA
Circular
informativa
Estimados profesores e
profesoras,
Como en anos anteriores,
o grupo de traballo da materia Historia de España da ABAU quere informar das
súas previsións para o novo curso e achegar unha pequena valoración dos
resultados da ABAU 2021.
CONTIDOS
DA PROBA
Mantéñense sen ningún
cambio os termos para definir e as composicións de texto histórico.
Preguntas para
desenvolver: mantense a temática das preguntas, pero realízase un axuste de
contidos para facilitar a explicación.
As preguntas 11: A crise socio-económica do século
XVII e 12: O valimento do conde-duque de Olivares e a crise da
monarquía, refúndense nunha única pregunta denominada: A crise do século
XVII: aspectos socioeconómicos e políticos.
A pregunta 16 pasa a
denominarse A Ilustración en España.
CARACTERÍSTICAS DO EXAME
A decisión de manter ou non o modelo de exame COVID-19
non depende do grupo de traballo, senón das autoridades educativas, polo que
quedamos á espera do seu pronunciamento ao respecto.
CRITERIOS
DE CORRECCIÓN
Mantense o modelo de
rúbricas, pero introdúcese unha maior precisión nas valoracións para indicar
con máis claridade as marxes de puntuación de cada categoría.
Ademais, introdúcese unha distinción no caso das
preguntas e das composicións entre Moi deficiente, Deficiente e Insuficiente
para facilitar o traballo do profesorado corrector.
Definición do termo (ata 0,5 puntos)
Deficiente (entre
0 e 0,14) |
Resposta
en branco ou que revela a incomprensión do concepto |
Insuficiente (entre
0,15-0,24) |
Coñecementos: resposta
confusa ou incompleta Redacción: texto no que
abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases incoherentes ou mal
articuladas |
Aprobado (entre
0,25 e 0,34) |
Coñecementos: resposta básica que fai referencia ao seguinte: - - - Redacción: texto
formalmente correcto, pero expresión demasiado simple |
Notable (entre
0,35 e 0,44) |
Coñecementos: resposta con polo
menos unha destas aclaracións adicionais (ademais do esixido para o aprobado) - - - Redacción: correcta |
Sobresaliente (entre
0,45 e 0,5) |
Coñecementos: resposta con polo
menos unha destas precisións a maiores (ademais do esixido para o notable) - - Redacción: correcta,
argumentación coherente e vocabulario axeitado Capacidade de síntese: a resposta non
excede a extensión recomendada |
Pregunta a
desenvolver: (ata 3
puntos)
Moi deficiente (0) |
Resposta en
branco ou sen relación coa materia da pregunta |
Deficiente (entre 0,1 e 1) |
Coñecementos: -Resposta
confusa, que revela a incomprensión da pregunta Redacción: texto no que abundan as imprecisións,
palabras inexistentes, frases incoherentes ou mal articuladas |
Insuficiente (entre 1,1 e
1,4) |
Coñecementos: -Resposta incompleta, que revela a falla
de coñecementos Redacción: moi simple |
Aprobado (entre 1,5 e 2) |
Coñecementos: resposta básica
que incide nas seguintes cuestións: - - - Redacción: texto
formalmente correcto, pero expresión básica |
Notable (entre 2,1 e
2,6) |
Coñecementos: resposta que demostra o coñecemento do tema: -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións
básicas, explica cunha certa profundidade polo menos unha delas Redacción: correcta |
Sobresaliente (entre 2,7 e 3) |
Resposta con precisións e aclaracións: -resposta que
ademais de facer referencia ás cuestións básicas, afonda nunha ou explica con
certa profundidade polo menos dúas delas Redacción: correcta,
argumentación coherente e vocabulario axeitado Capacidade de síntese: a resposta non
excede a extensión recomendada |
Composición histórica: (ata 5
puntos)
Moi deficiente (entre 0 e 1,4) |
Resposta en branco A resposta contén xeneralidades sobre a época A resposta é unha paráfrase dos documentos |
Deficiente (entre 1,5 e 2) |
Contidos: a resposta achega os contidos básicos do tema ou do
proceso histórico considerado Uso dos
documentos: a resposta prescinde dos
documentos, exponse como a resposta a unha pregunta teórica Redacción:
texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas |
Insuficiente (entre 2,1 e
2,4) |
Contidos: a resposta desenvolve os aspectos teóricos do tema Uso dos
documentos: a resposta prescinde dos
documentos, exponse como a resposta a unha pregunta teórica Redacción: básica e expresión demasiado simple. |
Aprobado (entre 2,5 e 3,4) |
Contidos: -a resposta
inclúe unha contextualización e explicación básica do tema proposto Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción Redacción: texto formalmente correcto. |
Notable (entre 3,5 e 4,4) |
Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no
comentario dalgunha destas cuestións) - Uso dos
documentos (ademais do esixido para o
aprobado, na composición úsanse os documentos para algunha das seguintes
cuestións) - Redacción: correcta e texto coherente |
Sobresaliente (entre 4,5 e 5) |
Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario
recóllese unha ou varias das seguintes cuestións) - Uso dos
documentos (ademais do esixido para o
notable, na redacción da composición o contido dos documentos emprégase
nalgúns destes sentidos): - Redacción: correcta e precisa, facendo uso do
vocabulario específico. O texto está ben articulado e argumentado. |
Mantense como criterio de
corrección no caso das definicións e das preguntas a desenvolver a Capacidade
de síntese, por tratarse dunha capacidade cada vez máis necesaria para
desenvolverse na docencia universitaria, dado que a extensión dos sistemas de
avaliación continua xeneralizou as limitacións de espazo dos exercicios e
traballos a realizar polo alumnado.
Para outorgar maior claridade á corrección, introdúcense
na mesma os seguintes cambios:
-a extensión indícase en número de palabras/liñas:
Definicións: extensión máxima de 50
palabras (5 liñas aprox.)
Preguntas a desenvolver: extensión máxima de 400
palabras (40 liñas aprox.)
Penalizacións: o
sistema de penalizacións por exceso de liñas substitúese polo criterio único de
NON VALORAR A PARTE DA RESPOSTA QUE EXCEDA DA EXTENSIÓN FIXADA.
BLOG DO GRUPO DE TRABALLO
Este curso abrimos unha nova categoría no BLOG
denominada Rúbricas. Este curso empezamos publicando todas as rúbricas
das preguntas a desenvolver, que estarán dispoñibles para a súa consulta
nuns días.
RESULTADOS
ABAU 2021 (1ª corrección)
Primeira convocatoria
|
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
Nº exames corrixidos |
9.998 |
9.838 |
12.476 |
11.093 |
Nº exames aprobados |
7.478 |
7.401 |
8.789 |
8.272 |
Porcentaxe aprobados |
74,79 |
75,23 |
70,45 |
74,57 |
Nota media |
6,28 |
6,32 |
6,11 |
6,40 |
Segunda convocatoria
(xullo, setembro)
|
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
Nº exames corrixidos |
1.490 |
2.068 |
802 |
1.691 |
Nº exames aprobados |
602 |
803 |
270 |
545 |
Porcentaxe aprobados |
40,40 |
38,83 |
33,71 |
32,23 |
Nota media |
4,11 |
4,25 |
4,02 |
4,04 |
Con carácter xeral, os resultados da proba do curso
pasado foron bos, sobre todo no caso da primeira convocatoria, tendo en conta que,
pese ao incremento de exames rexistrados con respecto aos cursos 2018 e 2019, a
nota media da convocatoria de xuño foi a mellor da serie. Evidentemente, a
maior flexibilidade do modelo de exame COVID explica unha parte deste
resultado, pero cremos que tamén é froito do traballo do profesorado e o seu
esforzo por adaptarse á situación.
Por outra parte, as valoracións feitas polos
correctores e correctoras insisten nas cuestións sinaladas o curso pasado: o
uso dos documentos e a realización da composición de texto histórico é a parte
da proba que rexistra maiores deficiencias, e a redacción, a ortografía e a
presentación dos exames deben mellorarse.
De maneira particular, na corrección da ABAU 2021
detectouse un número significativo de respostas que excedían con moito as
extensións indicadas, o que explica os cambios que fixemos no sistema de
corrección.
No caso das Composicións
detectánrose diversas casuísticas:
-composicións que se responden coma se fosen
comentarios de texto tradicionais, nos que se indica a natureza dos textos, os
destinatarios, etc
-composicións que conteñen unha primeira parte na que
se fai referencia aos documentos facilitados e unha segunda (e maior) na que se
expón a teoría sobre o tema tratado
-composicións na que a cita dos textos é forzada: como
o aprobado esixe a cita dos documentos, esta faise veña a conto ou non.
En consecuencia, lembramos novamente ao profesorado
que no blog do grupo de traballo, na categoría Orientacións, hai unha
entrada específica sobre a Interpretación da rúbrica da Composición de texto
histórico, que ofrece indicacións precisas sobre a maneira de resolver esta
parte da proba para non incorrer nos erros citados.
En
Santiago de Compostela, a 27 de setembro de 2021
María del Carmen
Saavedra Vázquez
abauhistoria@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.